Síguenos


 

Axencia Tributaria de Galicia: dedución por acollemento familiar

Axencia Tributaria de Galicia: dedución por acollemento familiar

dedución por acollemento no imposto sobre a renda das persoas físicas é de 300 €, por cada menor en réxime de acollemento familiar simple, permanente, provisional ou preadoptivo, administrativo ou xudicial, formalizado polo órgano competente en materia de menores da Xunta de Galicia, sempre que:

a) Convivan co menor 183 ou máis días durante o período impositivo. Se o tempo de convivencia durante o período impositivo fose inferior a 183 días e superior a 90 días, a dedución será de 150 € por cada menor acollido.

b) Non teñan relación de parentesco. Non dará lugar á dedución por acollemento familiar preadoptivo cando se produciu a adopción do menor durante o período impositivo, sen prexuízo da aplicación, no seu caso, da dedución por adopción.

No acollemento de menores por matrimonio ou parellas de feito a que se refire a disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, o importe da dedución se prorrateará por partes iguais na declaración de cada un deles, se optasen por declaración individual.

O resumo de medidas normativas da Comunidade Autónoma e beneficios fiscais, actualizado ao 1 de xaneiro de 2019, podédelo consultar nesta ligazón.



Quero saber máis
Cóntallo a alguen
Estamos aquí para axudarche

Podes contactar gratuitamente connosco neste teléfono e atenderemos a túa consulta, os 365 días do ano, as 24 horas.

900 812 880