Síguenos


 

O acollemento, contado aos nenos.

O acollemento, contado aos nenos.

“O corazón de Lolo”  É un conto que se realizou para axudar os nenos e nenas a comprender a idea de vivir cunha familia distinta da súa. Nace da experiencia recollida polas profesionais de Cruz Vermella e grazas á colaboración desinteresada dun acolledor que realizou as ilustracións.

No conto nárranse as dúbidas e teimas de Lolo, un pato que vai pasar un tempo cunha familia que non é a súa. As autoras tentan dar algunhas respostas baseándose fundamentalmente na capacidade ilimitada que temos de dar e recibir agarimo. A edición encádrase dentro da campaña: “Abre outra porta no teu corazón” organizada pola Cruz Vermella dentro do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia.

Accede ao conto.



Quero saber máis
Cóntallo a alguen
Estamos aquí para axudarche

Podes contactar gratuitamente connosco neste teléfono e atenderemos a túa consulta, os 365 días do ano, as 24 horas.

900 812 880