Síguenos


 

Algún mozo ou moza pensando en estudar FP o próximo curso?

Algún mozo ou moza pensando en estudar FP o próximo curso?

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de convocar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para este ano.

Ciclos Formativos de Grao Medio
  • As probas de acceso teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en ESO nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de FP de grao medio.
  • Poderán participar nesta proba de acceso as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan 17 anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba
  • O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 ao 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
  • As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 27 de maio de 2021
Ciclos Formativos de Grao Superior
  • As probas de acceso teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de FP de grao superior.
  • Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan 19 anos ou os fagan no ano de realización da proba.
  • O prazo de presentación será do 18 de febreiro ao 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
  • As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 15 de abril de 2021
Todos os detalles do procedemento, documentación necesaria, como inscribirse,… no seguinte enlace ao DOG.


Quero saber máis
Cóntallo a alguen
Estamos aquí para axudarche

Podes contactar gratuitamente connosco neste teléfono e atenderemos a túa consulta, os 365 días do ano, as 24 horas.

900 812 880