Síguenos


 

Escola de Formación para Familias Acolledoras de Cruz Vermella en Galicia

Escola de Formación para Familias Acolledoras de Cruz Vermella en Galicia

A formación para as familias acolledoras de Cruz Vermella en Galicia continúa este ano 2021 con novos seminarios nos que se traballará a construción do vínculo como un proceso entre neno ou nena acollido e os seus acolledores.

A través de tres accións formativas afondaremos nos factores importantes que poden exercer como facilitadores ou inhibidores da vinculación. Pretendemos que as familias os coñezan afondo, de xeito que adquiran conciencia deles, asemade, abordaranse os trastornos do vínculo e as dificultades que poden xurdir no proceso da súa construción, aportando, dun xeito práctico, estratexias e ferramentas para afrontalas.

Estes seminarios serán impartidos polas terapeutas familiares Magdalena Otero e Nuria Lago, psicólogas especialistas en acollemento e adopción do gabinete de psicoloxía Paradoxo.

Dada a situación sanitaria de pandemia e as recomendacións de coidado vixentes, seguiremos realizando estas accións formativas en modalidade webinar, a través de Internet en directo o que nos permite interaccionar coas ponentes, resolver dúbidas,… e empregaremos a aplicación Teams de Microsoft Office (non é necesario descargala).

 

  • Webinar sobre os “Factores que favorecen e dificultan a construción do vínculo” impartirase o sábado 27 de febreiro de 11:00 a 12:30h. Neste seminario falarase da empatía, as expectativas previas, a educación emocional, … A preinscrición pode facerse neste formulario, estará aberta ata o xoves 25 de febreiro.

 

  • Webinar sobre os “Trastornos do vínculo e as dificultades vencelladas á vinculación no acollemento” impartirase o sábado 27 de marzo de 11:00 a 13:00h. A preinscrición abrirase 15 días antes.

 

  • Webinar sobre “Estratexias e habilidades para xestionar as dificultades na construcción do vínculo: unha abordaxe práctica” impartirase o sábado 17 de abril de 11:00 a 13:00h. A preinscrición abrirase no mes de abril.

 

Esta formación é exclusiva para persoas que pertencen a Rede de Familias Acolledoras de Cruz Vermella en Galicia, sendo totalmente gratuíta. Para máis información poden dirixirse a: moncas@cruzroja.es

 



Quero saber máis
Cóntallo a alguen
Estamos aquí para axudarche

Podes contactar gratuitamente connosco neste teléfono e atenderemos a túa consulta, os 365 días do ano, as 24 horas.

900 812 880