Síguenos


 

Asociacións de Familias Acolledoras en Galicia

Asociacións de Familias Acolledoras en Galicia

O papel das Asociacións de familias de acollida é fundamental para o bo funcionamento do sistema de protección. As asociacións a través do cumprimento das súas funcións (promover o acollemento familiar, velar polos dereitos dos seus asociados, … entre outros) favorecen o control social do sistema de protección, tan necesario á hora de regular e axustar as medidas e decisións que realmente atenden o interese superior do neno/a.

Na nosa comunidade están funcionando dúas asociacións:

ACOUGO Asociación galega de familias de acollida, con sede en Santiago de Compostela.

MANAIA Asociación Galega de Adopción e Acollemento, con sede en Ribadumia.

Coñeces o que poden facer por ti? Vísita as súas webs e sígueos en redes sociais, e si che interesa forma parte.



Quero saber máis
Cóntallo a alguen
Estamos aquí para axudarche

Podes contactar gratuitamente connosco neste teléfono e atenderemos a túa consulta, os 365 días do ano, as 24 horas.

900 812 880