Webinar sobre os “Factores que favorecen e dificultan a construción do vínculo”
Para familias acolledoras da rede de Cruz Vermella en Galicia, impartirase o sábado 27 de febreiro de 11:00 a 12:30h.
É un seminario por Internet en directo no que falaremos da empatía, as expectativas previas, da educación emocional, … da importancia do apego e da construción ou reparación dos vínculos temperáns dos nenos e nenas que chegan as familias acolledoras.
Será impartido pola terapeuta familiar Nuria Lago, psicóloga especialista en acollemento e adopción do gabinete de psicoloxía Paradoxo.
A inscrición pode facerse neste formulario, estará aberta ata o xoves 25 de febreiro.