Síguenos


 

Últimos días! Para apuntarse a formación continua

Últimos días! Para apuntarse a formación continua

Webinar sobre os “Trastornos do vínculo e as dificultades vencelladas á vinculación”

Para familias acolledoras da rede de Cruz Vermella en Galicia, impartirase o sábado 27 de marzo de 11:00 a 13:00h.

É un seminario por Internet en directo que forma parte dunha formación composta por tres webinars, nos que se traballará a construción do vínculo entre os nenos, nenas e adolescentes acollidos e os pais/nais acolledores como un proceso, afondando en factores de gran importancia no mesmo, nesta ocasión abordaranse os trastornos do vínculo e as dificultades que poden xurdir no proceso da súa construción, aportando, dun xeito práctico, estratexias e ferramentas para afrontalas.

Pretendemos que as familias os coñezan a fondo, de xeito que adquiran conciencia deles.

Será impartido pola terapeuta familiar Magdalena Otero, psicóloga especialista en acollemento e adopción do gabinete de psicoloxía Paradoxo.

A preinscrición pode facerse neste formulario, estará aberta ata o xoves 25 de marzo.



Quero saber máis
Cóntallo a alguen
Estamos aquí para axudarche

Podes contactar gratuitamente connosco neste teléfono e atenderemos a túa consulta, os 365 días do ano, as 24 horas.

900 812 880