Síguenos


 

Seminario formativo para as familias acolledoras

Seminario formativo para as familias acolledoras

O sábado 17 de abril impartirase un webinar sobre as  “ESTRATEXIAS E HABILIDADES PARA XESTIONAR AS DIFICULTADES NA CONSTRUCIÓN DO VÍNCULO: ABORDAXE PRÁCTICA”.

Realizarase por Internet de 10:30 a 12:30 horas e será impartido por Nuria Otero, psicóloga e terapeuta do Centro Paradoxo.

As familias acolledoras en ocasións deben afrontar situacións difíciles na convivencia cos nenos, nenas e adolescentes que acollen, en gran medida, motivadas polas dificultades que estas crianzas adoitan ter para construír o vínculo. A súa traxectoria vital previa, xunto con experiencias negativas ou decepcionantes nas interaccións persoais, poden chegar a provocar que non lles resulte fácil confiar e vincularse. Atopándose a si mesmos, en moitas situación cotiás, expresando ou pedindo algo dunha maneira desadaptativa, o cal finaliza traéndolles consecuencias non desexadas a eles e a quen os rodea.

Neste webinar, desde PARADOXO, quérennos mergullar no funcionamento do ciclo das crises e o seu patrón, así como nas causas que poden subxacer a estas reacciones/comportamentos disruptivos vinculados ao establecemento do vínculo, para así, dunha maneira práctica, adquirir estratexias baseadas nun modelo concreto, para abordar as situacións dificultosas que poidan producirse na convivencia cos/as menores que tedes acollidos/as.

Con este Seminario péchase o ciclo formativo sobre a construcción dos vínculos en acollemento familiar. Pódese participar aínda que non se fixera nos anteriores.

Esta destinado a familias acolledoras da rede de Cruz Vermella en Galicia, a preinscrición pode facerse neste formulario, estará aberta ata o xoves 15 de abril.

Animarse a participar!

 



Quero saber máis
Cóntallo a alguen
Estamos aquí para axudarche

Podes contactar gratuitamente connosco neste teléfono e atenderemos a túa consulta, os 365 días do ano, as 24 horas.

900 812 880