Síguenos


 

Buscamos familia acolledora para irmáns como Paula e Teo

Buscamos familia acolledora para irmáns como Paula e Teo

Eles son protagonistas da Campaña “Querer é Poder” de difusión do acollemento familiar que temos en marcha en Galicia.

Para Teo, un neno de 10 anos que vai en cadeira de rodas, a súa irmá Paula de 12 anos é o seu maior apoio. Ela é activa e protectora e Teo é o seu cómplice e mellor confidente. Súa nai está pasando unha etapa difícil e temporalmente necesitan unha familia acolledora.

Mario vai ser a familia de acollida dos dous irmáns e afronta con ilusión cambiar o silencio habitual da súa casa polo balbordo de dous nenos que precisan o agarimo e a seguridade dun fogar.

Coma eles, hai máis irmáns que precisan unha familia acolledora que lles brinde seguridade e cariño durante unha etapa complicada. Imaxinas acoller a dous irmáns? E se fose a túa familia?

As familias acolledoras teñen o poder de cambiar a vida de moitos nenos e nenas.

Aquí poder ver a historia do acollemento de Teo e Paula.

Anímate a pedirnos información!



Quero saber máis
Cóntallo a alguen
Estamos aquí para axudarche

Podes contactar gratuitamente connosco neste teléfono e atenderemos a túa consulta, os 365 días do ano, as 24 horas.

900 812 880