Síguenos


 

Últimos días! para apuntarse a formación continua

Últimos días! para apuntarse a formación continua

Formación para as familias acolledoras de Cruz Vermella en Galicia.

Abordarase en dous seminarios o concepto de “historia de vida” desde o punto de vista tanto dos nenos, nenas e adolescentes en acollida como dos acolledores. As implicacións e influencia tanto no establecemento do vínculo, como no axuste entre o menor e a familia acolledora, así como o rol que exerce tanto na autoestima do neno/nena, como na construción da súa identidade.

Unido a isto, abordarase tamén a integración dos cambios de familia e as situacións que viven os menores en acollemento e que van influír no proceso de construción da identidade dos nenos, nenas e adolescentes acollidos.

“Integración da historia de vida: reparación e resiliencia” (22 de maio).

Seminario on line que se celebrará o sábado 22 de maio de 10:30 a 12:30 h a través de Microsoft Teams.

Contidos:

  1. A Resiliencia.
    – En qué consiste a resiliencia.
    – Calidades das persoas resilientes.
    – Funcións dos/as acolledores/as para axudar a xerar resiliencia.
    – Claves para xerar resiliencia.
  2.  A Reparación.
    – A familia acolledora como motor da reparación emocional dos menores acollidos.
  3.  A historia de vida.
    – Que é a historia de vida e a súa importancia.
    – Pautas e recursos para axudar a crear a historia de vida.

Podes inscribirte aquí, ou a través deste cuestionario o prazo rematará o 20 de maio.

“Como axudar a integrar os cambios nas historias de vida dos rapaces/as e as dobres pertenzas” (19 de xuño).

Seminario on line que se celebrará o sábado 19 de xuño de 10:30 a 12:30 h a través de Microsoft Teams.

Contidos:

  1. Os cambios:
    – Unha nova ruptura: a vivencia dos cambios, a interrelación co vínculo nos menores acollidos.
    – Integrar o cambio na historia de vida.
  2.  O reto de nadar entre dúas augas:
    – Xestionar as dobres pertenzas.

Abrirase a inscrición no mes de xuño.

 

Para ampliar información ou si tes algunha dificultade na inscrición podes escribir a moncas@cruzroja.es ou contactar co teu referente no equipo de Acollemento Familiar.



Quero saber máis
Cóntallo a alguen
Estamos aquí para axudarche

Podes contactar gratuitamente connosco neste teléfono e atenderemos a túa consulta, os 365 días do ano, as 24 horas.

900 812 880