Síguenos


 

Actividades nos coles con motivo do Día da Familia

Actividades nos coles con motivo do Día da Familia

No mes de maio celébrase o Día Internacional da Familia, con este motivo fixeronse sesións de sensibilización sobre acollemento familiar con nenos e nenas de 5º e 6 º de primaria.

Traballamos a través da historia de Xoan un neno que vive nun centro de protección e polas noites soña con ter unha familia que o coide, con eles falamos da temporalidade dos acollementos, das diferencias coa adopción, dos contactos coa súa familia de orixe e de quen pode ser Familia Acolledora.

Tamen se repartiron materiais da campaña de difusión “Querer é poder” que se está a desenvolver para sensibilizar e fomentar a cultura de acollemento na nosa sociedade, nesta ocasión entre os máis novos.

 



Quero saber máis
Cóntallo a alguen
Estamos aquí para axudarche

Podes contactar gratuitamente connosco neste teléfono e atenderemos a túa consulta, os 365 días do ano, as 24 horas.

900 812 880