Síguenos


 

Como axudar a integrar os cambios nas historias de vida dos rapaces/as e as dobres pertenzas

Como axudar a integrar os cambios nas historias de vida dos rapaces/as e as dobres pertenzas

Seminario on line para familias acolledoras que se celebrará o sábado 19 de xuño de 10:30 a 12:30 h a través de Microsoft Teams.

Cando traballamos a historia de vida na casa, debemos abordar tamén a integración dos cambios de familia e as situacións que viven os nenos, nenas e adolescentes en acollemento e que van influír no proceso de construción da súa identidade.

Contidos:

  1. Os cambios:
    – Unha nova ruptura: a vivencia dos cambios, a interrelación co vínculo nos menores acollidos.
    – Integrar o cambio na historia de vida.
  2.  O reto de nadar entre dúas augas:
    – Xestionar as dobres pertenzas.

 

Podes inscribirte aquí, ou a través deste cuestionario o prazo rematará o 17 de xuño.

Para ampliar información ou si tes algunha dificultade na inscrición podes escribir a moncas@cruzroja.es ou contactar co teu referente no equipo de Acollemento Familiar.



Quero saber máis
Cóntallo a alguen
Estamos aquí para axudarche

Podes contactar gratuitamente connosco neste teléfono e atenderemos a túa consulta, os 365 días do ano, as 24 horas.

900 812 880