Síguenos


 

Vacacións en familia nas residencias de tempo libre da Xunta de Galicia

Vacacións en familia nas residencias de tempo libre da Xunta de Galicia

Convocado o procedemento de adxudicación de estadías para o ano 2021 das residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño, sitas nas localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense).

Cada unidade familiar poderá solicitar, as estadías para calquera das dúas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social e para unha ou varias das quendas, dende o 19 de xullo ata o 9 de setembro.

Para a adxudicación das prazas terán prioridade nas distintas quendas as seguintes familias de especial consideración, ao abeiro do establecido no artigo 9 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
a) As familias numerosas.
b) As familias monoparentais.
c) As familias acolledoras.
d) As familias vítimas de violencia de xénero.

Toda a información no DOG publicado o 23 de xuño 2021, dan 10 días para presentar as solicitudes.



Quero saber máis
Cóntallo a alguen
Estamos aquí para axudarche

Podes contactar gratuitamente connosco neste teléfono e atenderemos a túa consulta, os 365 días do ano, as 24 horas.

900 812 880