Síguenos


 

GUÍA DE AXUDAS SOCIAIS E SERVIZOS PARA AS FAMILIAS 2021

GUÍA DE AXUDAS SOCIAIS E SERVIZOS PARA AS FAMILIAS 2021

O Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 publica esta guía, cuxo obxectivo é facilitar información actualizada ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, beneficios e servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración Xeral do Estado.

Nesta nova edición, actualizada para o ano 2021, recóllense principalmente as axudas establecidas nos ámbitos de seguridade social, emprego, fiscalidade, servizos sociais, educación, vivenda, entre outros, incluíndo as moi relevantes modificacións aprobadas recentemente en relación cos permisos por nacemento e coidado de menores, a fin de facilitar a conciliación e a corresponsabilidade familiar e laboral ou a implementación do Ingreso Mínimo Vital, unha prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que viven soas ou están integradas nunha unidade de convivencia e carecen de recursos económicos básicos para cubrir as súas necesidades básicas; así mesmo facilítanse as direccións e ligazóns dos organismos autonómicos competentes nestas materias e de entidades sociais que traballan no ámbito de familias, de modo que os cidadáns e cidadás poidan ampliar a información sobre as axudas existentes na súa Ciudad ou Comunidade Autónoma.

Accede á Guía.



Quero saber máis
Cóntallo a alguen
Estamos aquí para axudarche

Podes contactar gratuitamente connosco neste teléfono e atenderemos a túa consulta, os 365 días do ano, as 24 horas.

900 812 880