Montaña en Familia 2021
Trátase dun Programa da Consellería de Política Social con prazas para estancias de fin de semana na estación de montaña de Manzaneda.
Poden solicitar e gozar desta actividade de lecer en familia con prezos reducidos as: familias acolledoras, familias numerosas, familias monoparentais e familias vítimas de violencia de xénero.
O prazo de solicitude estará aberto do 2 ao 15 de novembro e toda a información da convocatoria tédela nesta ligazón e os anexos para encher aquí.