Síguenos


 

Actividades e formación continua para as familias acolledoras de Cruz Vermella en Galicia

Actividades e formación continua para as familias acolledoras de Cruz Vermella en Galicia

Coa chegada do outono retomáronse as actividades presenciais en grupo, sempre cumprindo as medidas sanitarias vixentes.

En Ourense realizouse o sábado 16 de outubro unha xornada infantil de lecer na natureza na que participaron nenos e nenas acollidos de entre 3 e 15 anos. Que pasaron un día moi especial e divertido nas instalacions do Centro de Ocio Acougo de Vilamarin.

Na provincia de Lugo, retómanse as sesións presenciais do Grupo de Orientación e Intercambio de familias acolledoras, que se están a celebrar o último venres de cada mes, de 18:00 a 19:30 horas.

A formación continua da Escola de Formación para Familias Acolledoras,

combinará o formato on line co presencial.

En A Coruña xa tiveron unha formación presencial os días 15 e 16 de outubro sobre Autocoidado e Saúde mental en acollemento familiar impartida por Cristina Calderon de Loft Psicólogos, esta mesma formación replicarase en Santiago de Compostela os días 26 e 27 de novembro (3 horas cada día, venres en horario de tarde e continuará o sábado pola mañan)

En Ourense e Pontevedra tamen se realizaran accións formativas para as familias acolledoras:

  • Obradoiro sobre o Manexo de conflitos con adolescentes desde a oportunidade, o venres 19 de novembro de 17:00 a 20:00 h, na sede de Cruz Vermella en Pontevedra e impartido pola psicóloga Iría Vázquez. Destinado a familias con acollemento en activo de adolescentes.
  • Obradoiro de Primeiros Auxilios en infancia e adolescencia, o sábado 27 de novembro na sede de Cruz Vermella en Ourense, de 10:30 a 13:30h
  • Seminario sobre Disciplina Positiva e Crianza Respetuosa o sábado 4 de decembro na sede de Cruz Vermella en Vigo, de 9:30 a 13:30 impartido pola psicóloga Claudia Romero.

 

No mes de decembro, realizarase un Seminario on line en directo a través da aplicación Teams, que será impartido por Anabel González, psiquiatra familiar especializada en trauma, trastornos disociativos e regulación de emocions, que será o mércores 15 pola tarde. Destinado a familias acolledoras de Cruz Roja de calquera localidade de España.

 

Para ampliar información sobre estes temas ou apuntarse a formación dirixirse aos referentes dos equipos de acollemento familiar de Cruz Vermella en Galicia ou a Mónica Castelao (moncas@cruzroja.es).



Quero saber máis
Cóntallo a alguen
Estamos aquí para axudarche

Podes contactar gratuitamente connosco neste teléfono e atenderemos a túa consulta, os 365 días do ano, as 24 horas.

900 812 880