Contos sobre guerra e refuxiados
Estes días a actualidade nos sobrecolle a todos, incluídos os nenos e nenas que non son alleos á tensión e a tristeza dun tema tan duro. Unha boa forma de tratar o tema dos conflitos bélicos e a realidade das persoas refuxiadas é a través dos contos.
Desde o recurso web Os contos que curan especializado en biblioterapia infantil, realizaron unha selección de contos infantís sobre a guerra e os refuxiados, para que podamos axudar aos nenos e nenas a xestionar as emocións e sentimentos negativos que provocan estas situacións terribles.
Nesta ligazón tedes a selección de contos de biblioterapia sobre a guerra e as persoas refuxiadas.