15 de maio 2022 – Día Internacional da Familia
En Galicia hai 61 nenos, nenas e adolescentes que precisan temporalmente un fogar de acollida.
Grazas á rede de familias acolledoras de Galicia, están sendo acollidos 233 nenos e nenas! Co seu cariño e compromiso, as familias acolledoras demostran cada día que teñen o poder de cambiar a vida de moitos nenos, nenas e adolescentes. Sen vós non sería posible!
Buscamos máis persoas que den o paso de abrir temporalmente as portas do seu fogar a nenos e nenas que están pasando un momento complicado nas súas vidas, súmate á rede de familias de acollida de Cruz Vermella, pídenos información!