Síguenos


 

Sesions Informativas sobre Acollemento Familiar

Sesions Informativas sobre Acollemento Familiar

Estas pensando en ser familia acolledora? Queres saber en que consiste o acollemento familiar e que nenos, nenas e adolescentes necesitan está medida de protección á infancia.

Seguro que agora mesmo xórdenche unha morea de dúbidas e inquedanzas. Son eu a persoa ideal para facelo? Hai que estar feito dunha pasta especial? Canto dura un acollemento? Que dificultades poden aparecer? Estarei preparado para a despedida?

Pois para dar resposta a estas e outras cuestións podes asistir as sesións informativas que temos preparadas para ti, este será o primeiro paso para ser familia acolledora:

  • En Ourense haberá duas sesións en maio, unha o mércores 4 de 10:30 a 12:30 horas e outra o xoves 19 de 16:00 a 18:00 horas.
  • En Santiago de Compostela será o xoves 19 de maio de 16:00 a 18:00 horas.
  • En A Coruña, o luns 23 de maio de 15:30 a 17:30 horas.
  • En Pontevedra, o luns 30 de maio de 12:00 a 14:00 horas.
  • En Vigo, o martes 31 de maio de 16:30 a 18:30 horas.
  • En Lugo será o martes 31 de maio de 17:00 a 19:00 horas.

 

No mes de xuño as sesións informativas serán:

  • En Ourense, o mércores 1 de 10:30 a 12:30 horas e outra o martes 14 de 16:00 a 18:00 horas.
  • En A Coruña, o luns 20 de 15:30 a 17:30 horas.
  • En Pontevedra será o luns 27 de 16:30 a 18:30 horas.
  • En Vigo o martes 28 de 12:00 a 14:00 horas.
  • En Lugo, o mércores 29 de abril de 9:30 a 11:30 horas.
  • En Ourense, o mércores 29 de 10:30 a 12:30 horas.
  • En Santiago de Compostela será o xoves 30 de 12:00 a 14:00 horas.

 

As Familias Acolledoras teñen o poder de cambiar a vida de moitos nenos e nenas. E ti tamén podes axudar a mellorar a vida dun neno ou nena durante un tempo.

Apúntate! aquí para informarte e tomar a decisión.

 

 



Quero saber máis
Cóntallo a alguen
Estamos aquí para axudarche

Podes contactar gratuitamente connosco neste teléfono e atenderemos a túa consulta, os 365 días do ano, as 24 horas.

900 812 880