Realizada formación para as familias acolledoras
O pasado sábado 28 de maio realizouse na sede de Cruz Vermella en Vigo un Seminario sobre Prevención do Bullying para familias acolledoras en activo co obxectivo de orientar e proporcionar estratexias que axuden a detectar este tipo de situacións e como actuar cando se producen.
Foi impartido por Ricardo Fandiño e Adriana Castro ambos psicólogos de ASEIA Galicia (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia), unha asociación especializada na atención integral en saúde emocional e mental comunitaria dos nenos, adolescentes e as súas familias.