Síguenos


 

Sesions Informativas sobre Acollemento Familiar durante o verán

Sesions Informativas sobre Acollemento Familiar durante o verán

Estas pensando en ser familia acolledora? Queres saber en que consiste o acollemento familiar e que nenos, nenas e adolescentes necesitan está medida de protección á infancia.

Seguro que agora mesmo xórdenche unha morea de dúbidas e inquedanzas. Son eu a persoa ideal para facelo? Hai que estar feito dunha pasta especial? Canto dura un acollemento? Que dificultades poden aparecer? Estarei preparado para a despedida?

Pois para dar resposta a estas e outras cuestións podes asistir as sesións informativas que temos preparadas para ti e este será o primeiro paso para ser familia acolledora. Durante o mes de agosto as sesións informativas serán nas seguintes datas:

  • En Lugo, o mércores 17 de 17:00 a 19:00 horas.
  • En Ourense, o xoves 18 de 10:30 a 12:30 horas.
  • En A Coruña, o luns 22 de 12:30 a 14:30 horas.
  • En Santiago, o xoves 25 de 12:00 a 14:00 horas.
  • En Pontevedra, o luns 29 de 12:00 a 14:00 horas.
  • En Vigo, o martes 30 de 12:00 a 14:00 horas.

 

No mes de setembro as sesións informativas serán:

  • En Ourense, o mércores 7 de 10:30 a 12:30 horas e outra o martes 20 de 16:00 a 18:00 horas.
  • En A Coruña, o luns 19 de 12:30 a 14:30 horas.
  • En Lugo, o mércores 21 de 12:00 a 14:00 horas.
  • En Pontevedra, o luns 26 de 12:00 a 14:00 horas.
  • En Vigo, o martes 27 de de 16:30 a 18:30 horas.
  • En Santiago, o xoves 29 de 12:00 a 14:00 horas.

 

As Familias Acolledoras teñen o poder de cambiar a vida de moitos nenos e nenas. E ti tamén podes axudar a mellorar a vida dun neno ou nena durante un tempo.

Apúntate! aquí para informarte e tomar a decisión.

 

 



Quero saber máis
Cóntallo a alguen
Estamos aquí para axudarche

Podes contactar gratuitamente connosco neste teléfono e atenderemos a túa consulta, os 365 días do ano, as 24 horas.

900 812 880