XI ENCUENTRO ESTATAL DE FAMILIAS ACOGEDORAS DE CRUZ ROJA ESPAÑOLA
Celebrarase en Madrid os días 16 e 17 de decembro.
O obxectivo deste Encontro é posibilitar un espazo de intercambio de experiencias e autoexpresión entre as familias acolledoras do conxunto do Estado onde Cruz Vermella desenvolve o Proxecto de Acollemento familiar.
HORARIO E PROGRAMA:
VENRES 16 DE DECEMBRO
12:00 – Recepción e acreditación de participantes
12:15 – Acto de Benvida e inauguración Institucional
12:30 – Presentación do estudo: “Unha mirada ás parentalidades no marco da intervención de Cruz Vermella Española. O Enfoque de parentalidad social aplicado ao acollemento familiar en familia allea”, a cargo de Adriana Díaz Argüello.
13:00 – Testemuños sobre acollemento familiar
14:00 – Xantar
16:00 – Actividade en familia.
18:45 – Saída lúdico – cultural “O autobús das luces de Nadal”.
21:00 – Cea
SÁBADO 17 DE DECEMBRO
10:00 a 14:00 h – Actividade: Construíndo historias de vida, a cargo de Cristina Cortés, psicóloga e psicoterapeuta. Codirectora do Centro de Psicoloxía da Saúde Vitaliza, en Pamplona. Formadora en desenvolvemento neuro funcional infantil, psico-traumatoloxía e apego infantil, entre outras. Acreditada por EMDR como Trainer EMDR nenos e adolescentes e acreditada pola BCI como terapeuta e formadora en neuro feedback. Ademais, de ser colaborada con institucións de adopción e acollemento familiar.
14:15 h- Xantar
A metodoloxía será participativa, que propicie un clima de respecto e confianza onde se manifesten opinións, emocións e respostas de forma libre.
Poderán participar 2 familias dá cada provincia, cun máximo de 2 persoas por familia, serán requisitos para participar ser acolledor/a con a nosa entidade, non participar en edicións anteriores, ter un acollemento en activo ou estar en situación de espera activa.
Os gastos de desprazamento, comidas e aloxamento serán asumidos por Cruz Vermella.
As familias interesadas en asistir deben contactar co seu técnico de acollemento familiar de referencia para encher a ficha de inscrición, antes do venres 11 de novembro. (Tamén poden escribir a: moncas@cruzroja.es)