Síguenos


 

Sesiones Informativas sobre Acogimiento Familiar en noviembre y diciembre

Sesiones Informativas sobre Acogimiento Familiar en noviembre y diciembre

Estas pensando en ser familia acolledora? Queres saber en que consiste o acollemento familiar e que nenos, nenas e adolescentes necesitan está medida de protección á infancia.

Seguro que agora mesmo xórdenche unha morea de dúbidas e inquedanzas. Son eu a persoa ideal para facelo? Hai que estar feito dunha pasta especial? Canto dura un acollemento? Que dificultades poden aparecer? Estarei preparado para a despedida?

Pois para dar resposta a estas e outras cuestións podes asistir as sesións informativas que temos preparadas para ti e este será o primeiro paso para ser familia acolledora. Durante o mes de novembro as sesións informativas serán nas seguintes datas:

  • En A Coruña, o luns 21 de 15:30 a 17:30 horas.
  • En Lugo, o mércores 23 de 12:00 a 14:00 horas.
  • En Santiago, o xoves 24 de 16:00 a 18:00 horas.
  • En Pontevedra, o luns 28 de 16:30 a 18:30 horas.
  • En Vigo, o martes 29 de de 12:00 a 14:00 horas.
  • En Ourense, o martes 29 de 16:00 a 18:00 horas.

 

No mes de decembro as sesións informativas serán:

  • En Ourense, o mércores 14 de 10:30 a 12:30 horas e outra o xoves 29 de 16:00 a 18:00 horas.
  • En Lugo, o mércores 14 de 17:00 a 19:00 horas.
  • En Santiago, o xoves 15 de 16:00 a 18:00 horas.
  • En A Coruña, o luns 19 de 15:30 a 17:30 horas.
  • En Pontevedra, o luns 26 de 11:00 a 13:00 horas.
  • En Vigo, o martes 27 de 16:30 a 18:30 horas.

 

As Familias Acolledoras teñen o poder de cambiar a vida de moitos nenos e nenas. E ti tamén podes axudar a mellorar a vida dun neno ou nena durante un tempo.

Apúntate! aquí para informarte e tomar a decisión.

 

 



Quiero saber más
Cuéntaselo a alguien
Estamos aquí para ayudarte

Puedes contactar gratuitamente con nosotros en este teléfono y atenderemos tu consulta, los 365 días del año, las 24 horas.

900 812 880