Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia
Estará conformado por 30 nenos, nenas e adolescentes de entre 8 e 17 anos que achegarán as súas opinións e propostas para articular políticas públicas.
A metade deles serán rapaces e rapazas en representación dos Consellos locais de Participación Infantil de Unicef, dez procederán do grupo de participación da Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia (POIG) e cinco en representación do Sistema de Protección de Menores da Administración autonómica.
Mais información aquí.
Foto: Xunta de Galicia