Sesións Informativas sobre Acollemento Familiar
Estas pensando en ser familia acolledora? Queres saber en que consiste o acollemento familiar e que nenos, nenas e adolescentes necesitan está medida de protección á infancia.
Seguro que agora mesmo xórdenche unha morea de dúbidas e inquedanzas. Son eu a persoa ideal para facelo? Hai que estar feito dunha pasta especial? Canto dura un acollemento? Que dificultades poden aparecer? Estarei preparado para a despedida?
Para dar resposta a estas e outras cuestións podes asistir as sesións informativas que temos preparadas para ti, este será o primeiro paso para ser familia acolledora. Durante o mes de marzo as sesións informativas serán nas seguintes datas:
- En A Coruña, o xoves 16 de 15:30 a 17:30 horas.
- En Lugo, o luns 20 de 10:00 a 12:00 horas e outra de 17:30 a 19:30 horas.
- En Vigo, o luns 27 de 12:00 a 14:00 horas.
- En Pontevedra, o luns 27 de 16:30 a 18:30 horas.
- En Ourense, o xoves 30 de 10:00 a 12:00 horas e outra de 16:00 a 18:00 horas.
- En Santiago, o xoves 30 de 16:00 a 18:00 horas.
No mes de abril as sesións informativas serán nas seguintes datas e localidades:
- En Lugo, o luns 17 de 10:00 a 12:00 horas e outra de 17:30 a 19:30 horas.
- En A Coruña, o xoves 20 de 11:00 a 13:00 horas.
- En Pontevedra, o luns 24 de 11:00 a 13:00 horas.
- En Ourense, o martes 25 de 10:00 a 12:00 horas e outra de 16:00 a 18:00 horas.
- En Santiago, o martes 25 de 16:00 a 18:00 horas.
- En Vigo, o martes 25 de 16:30 a 18:30 horas.
En maio teremos sesións informativas os días:
- En Lugo, o xoves 11 de 10:00 a 12:00 horas e outra de 17:30 a 19:30 horas.
- En A Coruña, o xoves 18 de 15:30 a 17:30 horas.
- En Ourense, o xoves 25 de 10:00 a 12:00 horas e outra de 16:00 a 18:00 horas.
- En Santiago, o xoves 25 de 16:00 a 18:00 horas.
- En Pontevedra, o luns 29 de 16:30 a 18:30 horas.
- En Vigo, o martes 30 de 12:00 a 14:00 horas.
As Familias Acolledoras teñen o poder de cambiar a vida de moitos nenos e nenas, ofrecendo oportunidades que cambian vidas.
Apúntate! aquí para informarte e tomar a decisión.