O sábado 30 de setembro terá lugar un novo Encontro de Familias Acolledoras de Cruz Vermella en Galicia, con participación de asistentes das catro provincias galegas. En concreto, será a localidade de A Estrada (Pontevedra) a encargada de acoller a nenos, nenas e adolescentes xunto coas súas familias acolledoras, nunha xornada especial de convivencia e aprendizaxe conxunto.
O prazo de inscrición para participar abrirase a comezos de setembro para as familias da rede de acollemento familiar de Cruz Vermella en Galicia.
Nesta ocasión, o encontro servirá, ademáis, para dar a coñecer a nova campaña de sensibilización do programa, “A marabillosa loucura de pensar co corazón”, coa que Cruz Vermella trata de incrementar o número de familias dispoñibles no Programa, así como trasladar á sociedade a importancia de contribuír a que todos os nenos, nenas e adolescentes dispoñan dos coidados, a seguridade, a educación e o agarimo que necesitan, independentemente da situación que poidan atravesar as súas familias.
*Imaxe de s05prodpresidente en Pixabay.