Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Formación para as familias acolledoras

Seminario sobre Apego e o conflicto de lealdade

O sábado 23 de marzo na sede de Cruz Vermella en Vigo impartido por Ana María Sieiro Moral, especialista en trauma terapia infantil sistémica e EMDR.

Nesta sesión formativa traballaranse aspectos teóricos e prácticos sobre o apego, os tipos de apego, o conflito de lealdade e as estratexias para afrontalo.

A través de dinámicas e role playing, así como resolvendo dúbidas sobre esta temática, os acolledores e acolledoras adquirirán capacidades para mellorar as súas competencias parentales.

As familias acolledoras de Cruz Vermella interesadas en participar deben contactar co seu referente para inscribirse.

Foto de Matheus Bertelli.