loucura
de pensar
co corazón
loucura
de pensar
co corazón
loucura
de pensar
co corazón
loucura
de pensar
co corazón
Moi preto de ti hai nenos, nenas e adolescentes que precisan, temporalmente, do teu cariño e protección nun momento complicado das súas vidas. Dá o paso e súmate á gran rede de Familias Acolledoras de Galicia. Súmate á marabillosa loucura de pensar co corazón.
Que é o programa de Familias Acolledoras?
É un programa da Xunta de Galicia que xestiona Cruz Vermella e que ten como obxectivo proporcionar unha atención temporal a aqueles nenos, nenas e adolescentes en situación de risco, desamparo ou desprotección social, tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia. As Familias Acolledoras ofrécenlles o seu fogar coa misión de proporcionarlles os coidados, a seguridade, a educación e o agarimo que necesitan mentres se solucionan as circunstancias que lles impiden vivir coa súa familia.
Pensaches algunha vez en ser Familia Acolledora?
O acollemento é unha maravillosa loucura na que non vas estar só en ningún momento.
Desde Cruz Vermella as familias son acompañadas por un equipo técnico e de voluntariado ao longo de todo o proceso que dura o acollemento, no que reciben formación e asesoramento de carácter psico-social e educativo, a nivel tanto individual como grupal, en relación ás necesidades do neno e daquelas que se poden xerar na contorna familiar de acollida.
Ti tamén podes dar o paso.
Calquera persoa, matrimonio ou parella de feito, con ou sen fillos, de calquera condición social, ideoloxía ou crenza, pode ser Familia Acolledora e vivir en primeira persoa a marabillosa loucura de pensar co corazón. O máis importante é o compromiso, a vontade de acoller e dispoñer da capacidade necesaria para cubrir as necesidades físicas, psicolóxicas, afectivas e sociais dos nenos e nenas.
Os nenos e nenas son os verdadeiros protagonistas no acollemento familiar. Quen lle dará sentido a toda esta marabillosa loucura.
Todo xira ao redor deles para que poidan vivir da mellor forma posible a infancia, ese tempo que nunca volve e que todos queremos lembrar cun sorriso. A medida de acollemento familiar é posible para todos os menores de idade (desde bebés ata mozos de 17 anos) que se atopan nunha situación de desprotección e que teñen que ser separados temporalmente das súas familias.
O acollemento é unha maravillosa loucura na que non vas estar só en ningún momento.
Desde Cruz Vermella as familias son acompañadas por un equipo técnico e de voluntariado ao longo de todo o proceso que dura o acollemento, no que reciben formación e asesoramento de carácter psico-social e educativo, a nivel tanto individual como grupal, en relación ás necesidades do neno e daquelas que se poden xerar na contorna familiar de acollida.
Ti tamén podes dar o paso.
Calquera persoa, matrimonio ou parella de feito, con ou sen fillos, de calquera condición social, ideoloxía ou crenza, pode ser Familia Acolledora e vivir en primeira persoa a marabillosa loucura de pensar co corazón. O máis importante é o compromiso, a vontade de acoller e dispoñer da capacidade necesaria para cubrir as necesidades físicas, psicolóxicas, afectivas e sociais dos nenos e nenas.
O acollemento en catro pasos
1
1
Sesión informativa
2
2
Formación inicial
3
3
Valoración de adecuación
4
4
Formación continua
En primeira persoa,
a marabillosa loucura de pensar co corazón
“Pensamos que todo o mundo ten de todo, e non é así: hai xente que non ten. Hai nenos que están necesitados e nós non somos conscientes diso. Temos que darlle unha oportunidade a eses menores”
“Obviamente os pros superan aos contras porque se non, non repetiriamos e xa estamos no terceiro acollemento”
Nuria
“Para un neno que vén dunha situación problemática, o mellor é a estabilidade e a mellor forma de darlla é un ambiente familiar”
Javier

E agora... que?
De seguro que che xorden unha morea de dúbidas. Son eu a persoa idónea para facelo? Hai que estar feito dunha pasta especial? Que tipo de acollementos hai? Canto dura? Que dificultades poden aparecer? Como é a despedida?
Últimas novas

O primeiro paso para ser familia acolledora comeza aquí: novas sesións informativas en setembro
Queres saber como axudar a un neno, nena ou bebé que non pode vivir temporalmente coa súa familia? Durante o mes de setembro, Cruz Vermella
Bono Concilia Familia 2026: unha axuda para os gastos de conciliación das familias
A Xunta de Galicia convocou o Bono Concilia Familia 2026, unha axuda destinada a sufragar gastos de conciliación realizados durante este ano por necesidades puntuais
Cursos de Formación Básica sobre Acollemento Familiar en Galicia
Cruz Vermella pon en marcha novas edicións da Formación Básica sobre Acollemento Familiar, que se desenvolverán antes do verán, dirixidas a persoas interesadas en ofrecer