Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Outono Xove 2023

Actividades de fin de semana en albergues xuvenís para mocidade de 14 a 30 anos.

A Xunta de Galicia oferta 900 prazas en grupos de 20 participantes durante os meses de novembro e decembro. As actividades divídense en dous tramos de idade diferenciados: de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos.

O programa inclúe:

  • Aloxamento en albergue xuvenil ou residencia de tempo libre (noites de venres e sábado).
    A asignación de habitacións será de libre disposición.
  • Manutención completa desde a cea do venres ata o almorzo do domingo, ambos os incluídos.
  • Programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso
    para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levarán a cabo actividades
    alternativas).

O prazo de inscrición xa esta aberto e pódese acceder a toda a información e aos formularios de participación nesta ligazón.