Esta actividade enmarcase dentro da programación de formación continua para as familias acolledoras de Cruz Vermella en Galicia, e será un obradoiro práctico onde reflexionaremos acerca do labor das familias na educación dos nenos, nenas e adolescentes en situación de acollemento.
Aprenderemos ferramentas que axuden a practicar autocuidado e autocontrol, a fortalecer o vínculo co neno/nena para poder ser un mellor guía, e preparalo para a vida con recursos prácticos para conectar e para mellorar a comunicación. E tamen como establecer unha relación baseada no respecto mutuo, sen caer na permisividade ou autoritarismo.
Realizarase o sábado 21 de outubro de 10:00 a 14:00 h. na sede de Cruz Vermella en Santiago de Compostela, impartido por Bibiana Infante, psicóloga-psicoterapeuta de infancia e adolescencia, certificada como Entrenadora líder en Disciplina Positiva para familias.
As familias acolledoras interesadas en participar deben preinscribirse neste enlace antes do 19 de outubro.