No Día Internacional da Familia, desde Cruz Vermella en Galicia queremos poñer o foco nun tipo de familia moi especial: as familias acolledoras. Persoas que abren as portas da súa casa e do seu corazón para ofrecer un fogar temporal a nenos, nenas e adolescentes que, por diversas circunstancias, non poden vivir coa súa familia de orixe.
O acollemento familiar é unha medida de protección que garante que a infancia máis vulnerable poida medrar nun entorno seguro, afectuoso e estable. Non se trata dunha adopción, senón dunha acollida temporal, durante o tempo que sexa necesario, mentres se traballa coa familia de orixe ou se busca unha solución definitiva.
Grazas por estar aí cando máis se necesita
Queremos aproveitar esta data para agradecer de corazón ás familias acolledoras que xa forman parte da rede de acollida de Cruz Vermella en Galicia. Grazas pola vosa xenerosidade, pola vosa paciencia, polo voso compromiso. Sabemos que non sempre é doado, pero tamén sabemos que o que facedes marca unha diferenza profunda na vida de quen acollédes.
A vosa entrega e implicación inspiran e fan posible que máis nenos e nenas poidan ter o fogar que merecen.
En Galicia, aínda hai moitos nenos e nenas que agardan por unha familia que os acompañe. Por iso, necesitamos máis persoas dispostas a informarse, a dar o paso ou a axudarnos a difundir esta realidade.
🔗 Se queres saber máis, solicítanos información.