Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

25 de abril: Dia Internacional para a Loita contra o Maltrato Infantil

Un dos retos e compromisos de Cruz Vermella é a prevención da violencia e os malos tratos contra a infancia e adolescencia, a través do acompañamento e apoio aos coidados que as familias procuran aos nenos e nenas ao seu cargo.

Queremos mobilizar á sociedade para reflexionar sobre esta forma de dano á infancia e adolescencia. Especialmente queremos concienciar ás persoas que se relacionan, están en contacto ou teñen a cargo nenos, nenas ou adolescentes para que ofrezan e garantan a súa protección integral.

Se queres saber máis, accede a cruzroja.es/criandoenpositivo