Xa está dispoñible o Bono Concilia 2025: unha axuda para facilitar a conciliación nas familias
A Xunta de Galicia vén de publicar a convocatoria do Bono Concilia Familia 2025, unha axuda económica destinada a apoiar ás familias galegas na atención de nenos e nenas en situacións puntuais ou durante os períodos de vacacións escolares.
Esta convocatoria é especialmente relevante para as familias acolledoras, que poderán beneficiarse desta medida sempre que cumpran os requisitos establecidos. A axuda está dirixida a familias con menores nados entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2021, incluíndo os casos de acollemento familiar.
📅 O prazo de solicitude vai do 8 de setembro ao 7 de outubro, pero é importante ter en conta que as axudas se conceden por orde de entrada e ata esgotar o orzamento dispoñible. Por iso, recoméndase realizar a solicitude canto antes.
💡 As actuacións subvencionables inclúen:
- Contratación dunha persoa empregada do fogar.
- Servizos de atención á infancia a domicilio.
- Asistencia a ludotecas, espazos infantís ou campamentos organizados.
📌 A solicitude debe presentarse por vía electrónica a través da sede da Xunta de Galicia:
👉 Mais información neste enlace.
Se es familia acolledora e tes dúbidas sobre como tramitar esta axuda ou sobre se podes beneficiarte dela, contacta co teu referente en Cruz Roja, que poderá acompañarte no proceso.