Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Recoñecemento de familia numerosa

As familias acolledoras poden optar o Título de Familia Numerosa, expedido pola Xunta de Galicia,  de acordo coa Lei 40/2003 de protección ás familias numerosas, terán a mesma consideración que os fillos, as persoas sometidas a tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo legalmente constituido.

Na Circular 5/2024 da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica recóllese que para optar o título de familia numerosa en analoxía á aplicación da norma que se realiza para os permisos de maternidade e paternidade, considérase asimilado ao acollemento permanente aquel cuxa duración prevista sexa superior a 1 ano e así se acredite a través de certificación do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da xefatura territorial que teña constituído o acollemento.

Mais información na web da Xunta de Galicia, ou da Asociación Galega de Familias Numerosas: www.agafan.net. 

As familias acolledoras de Cruz Vermella poden asesorarse no seu equipo de acollemento familiar de referencia.