A Xunta de Galicia lanza a campaña “A Familia que se Acolle”, unha iniciativa que nos lembra que ser familia acolledora é moito máis que abrir unha porta: é acompañar, protexer e ofrecer estabilidade cando máis se precisa. É ser fogar. Porque todo o que das, volve multiplicado.
A mensaxe é clara: acoller transforma vidas. Transforma a súa —a de nenos, nenas e adolescentes que precisan un lugar seguro—, transforma a vosa —a das familias que deciden dar este paso solidario— e transforma a de todas e todos nós, como sociedade.
En Cruz Vermella levamos 30 anos acompañando este proceso en Galicia. Queremos sumar novas persoas á nosa rede de familias acolledoras. Se pensas que podes ofrecer tempo, afecto e un espazo seguro, contacta connosco:
- Formulario web: Faite familia acolledora – Acollemento Familiar
- Teléfono: 900 812 880
- Correo electrónico: familias.acolledoras@cruzroja.es
Anímate tamén a compartir esta noticia para que chegue a máis xente. Porque cada fogar conta.
👉 Mira o vídeo da campaña aquí