Mar e Víctor son unha desas familias acolledoras galegas que abren as portas do seu fogar a nenos, nenas e adolescentes que, durante un tempo, non poden vivir coa súa familia de orixe. Eles forman parte da rede que Cruz Vermella ten, con equipos de acollemento familiar, en 19 localidades españolas, apoiando a miles de nenos e nenas. Tras o seu primeiro acollemento, a experiencia foi tan enriquecedora que, desde hai case unha década, pasaron polo seu fogar oito menores, compartindo este tempo con dúas fillas. Tal e como sosteñen na súa última entrevista con medios de comunicación, “darlle un futuro digno a un neno é unha das experiencias máis bonitas e gratificantes que che pode deparar a vida”.
Se queres coñecer a súa experiencia, así como o balance de Cruz Vermella sobre o Proxecto de Acollemento Familiar, non te perdas a información completa publicada en La Razón.
Fotografía: La Razón.