Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Actividade da Asociación Acougo

Dende a Asociación Galega de Familias de Acollida están organizando unha actividade con motivo do Día Internacional da Familia, o próximo 15 de maio, será un encontro que terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns en colaboración co concello de Ames,  e terá unha parte informativa con stands de asociacións e unha parte lúdica para que as familias que se acheguen poidan disfrutar realizando  xogos e actividades.

Para máis información contactar con: info@acougo.gal