Cruz Vermella organiza unha nova proposta formativa dirixida ás familias acolledoras da súa rede en Galicia: “Adolescentes na rede: acompañar, comprender e protexer na era dixital”, un espazo de aprendizaxe e reflexión sobre os riscos dixitais e as violencias sexuais que poden afectar á infancia e adolescencia.
As redes sociais forman parte da vida diaria da mocidade, ofrecendo oportunidades de relación, aprendizaxe e expresión. Pero tamén poden converterse en espazos de vulnerabilidade. Este curso ofrece ferramentas prácticas para que as familias acolledoras poidan comprender mellor o contexto dixital no que se moven os nenos, nenas e adolescentes, identificar sinais de alerta e saber como actuar ante situacións de risco. A formación será impartida por Raquel Álvarez, especialista en violencias sexuais e contornos dixitais de Médicos do Mundo, cunha aproximación práctica, sensible e centrada na prevención desde o fogar.
📍 Datas e lugares de cada acción formativa:
– Vigo: sábado 19 de xullo
– Santiago de Compostela: sábado 4 de outubro
– Lugo: sábado 18 de outubro
🕙 Horario: de 10:00 a 14:00 h en cada localidade
Esta formación é unha oportunidade para reforzar o acompañamento que as familias acolledoras ofrecen cada día. Se formas parte da rede de acollemento familiar, anímate a participar e inscríbete!
👉 Inscricións e máis información: no teu equipo de acollemento familiar de referencia ou en familias.acolledoras@cruzroja.es