Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Álvaro estivo acollido sendo adolescente

«A miña familia de acollida ensinoume o que quero trasladar aos meus fillos. Se algo aprendín é a importancia de dar agarimo sobre todo». Esta é unha das reflexións que nos transmite este mozo que xunto ao seu irmán pequeno estivo acollido cando non puideron seguir no seu fogar familiar.

Nesta reportaxe publicada en La Voz de Galicia, este mozo galego conta a súa experiencia vital nunha familia acolledora de Ourense.

Nestes momentos en Galicia hai grupos de irmáns e adolescentes esperando, que como no caso de Álvaro e o seu irmán, unha familia queira darlles unha oportunidade que lles cambie a vida.

Se pensas que podes axudar a mellorar a vida dun neno ou nena durante un tempo, solicítanos información. Estamos á túa disposición para resolver calquera dúbida e guiarche no proceso.