Trasladar á sociedade o Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, que se xestiona desde Cruz Vermella, permite aumentar a rede de familias dispostas a acoller temporalmente a nenos, nenas ou adolescentes no seu fogar. Así, contar coas experiencias de homes e mulleres que están a proporcionar os coidados, a seguridade, a educación e o agarimo que necesitan mentres se solucionan as circunstancias que lles impiden vivir coa súa familia é fundamental para compartir testemuños en primeira persoa e dar a coñecer esta realidade.
Neste sentido, por unha banda Amaranta e Anxo, que conviven cun bebé de meses en acollida e a filla de Anxo de nove anos, e por outra Susana, nai de acollida dunha nena de 11, contaron a súa experiencia nunha nova reportaxe para o Diario de Pontevedra. Nel falaron de compromiso, responsabilidade, cambios de rutinas e dificultades do acollemento familiar.
Podes coñecer a súa experiencia ao completa nesta ligazón.