Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Buscamos familia acolledora para adolescentes como Clara

Clara é unha das protagonistas da Campaña “Querer é Poder” de difusión do acollemento familiar que temos en marcha en Galicia, unha adolescente de 15 anos, impulsiva e un tanto rebelde, cunha fachada de valentía e independencia, que esconde unha realidade máis fráxil do que apunta.

Coñece a súa historia de acollemento, porque como ela hai moitos máis. Historia de Clara.

Hai moitos adolescentes que necesitan unha FAMILIA ACOLLEDORA nas súas vidas. Gustaríache formar parte desta gran rede?

Contacta con nós para informarte e dar o paso!