Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Campamentos 2023 da Xunta de Galicia

O martes 18 de abril abre o prazo de presentación de solicitudes para os campamentos de verán da Consellería de Política Social e Xuventude.

Baixo o lema O verán que sempre vas lembrar, a campaña estival para este ano 2023 inclúe campamentos en 36 instalacións repartidas por toda a Comunidade para mozas e mozos de entre 9 e 17 anos e noutras Comunidades Autónomas; minicampamentos ‘Coñece Galicia’ en establecementos turísticos para nenos e nenas de entre 10 e 14 anos; campos de voluntariado para maiores de idade ata os 30 anos; e estancias en instalacións xuvenís para entidades ou asociacións.

Toda a información neste enlace.