Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Campamentos da Xunta 2025

Empeza a tempada de campamentos de verán, xa está aberta a inscrición para:

  • CAMPAS 360, dirixido a persoas mozas a partir de 12 anos, hai varias quendas e se celebrán a partir do 2 de maio en fins de semana. Finaliza o prazo de inscrición o 28 de abril, toda a información aquí.
  • Os campamentos de verán para persoas con discapacidade, hai varias quendas de 10 días de duración en diferentes instalacións, toda a información aquí. Acaba o prazo de inscrición o 5 de maio.
  • Os campamentos Acción de Verán, para nenos, nenas e adolescentes de 9 a 17 anos, varias quendas durante os meses de verán en instalacións das catro provincias. Toda a información aquí. Documento coa información completa do programa Modo Verán Activo. A inscripción estará aberta do 2 ao 15 de maio.