É o instrumento mediante o que se relacionan as modalidades e prestacións que integran o contido dos servizos previstos no catálogo regulado no artigo 18 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, destinados a posibilitar e fomentar a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento integral, tanto da familia como grupo como de cada un dos seus membros e, en especial, dos nenos, nenas e adolescentes, ofrecendo alternativas e recursos económicos, socioeducativos e de protección en función dos seus dereitos e da valoración obxectiva das súas necesidades.
A Carteira estrutúrase en dúas grandes áreas, unha de servizos xerais, que recolle os destinados a familias, nenos, nenas e adolescentes que non presenten necesidades singulares, e unha de servizos específicos, que contempla os destinados a atender necesidades particulares de persoas ou familias.
Podedes consultar o seu contido aquí.