Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Celebrada Xornada técnica do Programa de Familias Acolledoras

O martes 29 de outubro celebrouse en Santiago de Compostela a xornada “Co-creando o futuro do Programa de Familias Acolledoras en Galicia”

Mais de 50 participantes dos equipos técnicos de protección ao menor da Xunta de Galicia e Cruz Vermella traballaron conxuntamente para mellorar a atención aos nenos, nenas e adolescentes que están en acollemento con familia allea, así como ás familias acolledoras.