Queres saber como axudar a un neno, nena ou bebé que non pode vivir temporalmente coa súa familia?
Durante o mes de outubro, Cruz Vermella en Galicia organiza seis novas sesións informativas sobre acollemento familiar dirixidas a todas aquelas persoas e familias interesadas en ofrecer un fogar seguro, afecto e estabilidade a bebés, nenos, nenas e adolescentes que, por diferentes circunstancias, non poden permanecer temporalmente coas súas familias de orixe.
As sesións informativas constitúen o primeiro paso para coñecer o Programa de Familias Acolledoras, resolver dúbidas e descubrir como é o proceso para converterse en familia de acollida. A asistencia non implica ningún compromiso posterior, pero permite obter información directa do equipo técnico e valorar se esta experiencia encaixa no proxecto vital de cada persoa ou familia.
Datas das sesións informativas
- 📍 Lugo 📅 mércores 7 de outubro 🕓 De 10:00 a 12:00 horas
- 📍 Ourense 📅 martes 20 de outubro 🕓 De 16:00 a 18:00 horas
- 📍 Vigo 📅 martes 20 de outubro 🕓 De 16:00 a 18:00 horas
- 📍 Pontevedra 📅 mércores 21 de outubro 🕔 De 10:00 a 12:00 horas
- 📍 A Coruña 📅 mércores 21 de outubro 🕚 De 15:30 a 17:30 horas
- 📍 Santiago de Compostela 📅 xoves 29 de outubro 🕛 De 16:00 a 18:00 horas
Necesitamos perfís diversos para responder ás necesidades da infancia
Cada neno e cada nena ten unha historia diferente. Por iso, é importante contar con persoas acolledoras de distintos perfís, idades, situacións familiares e experiencias vitais, que permitan ofrecer respostas adaptadas ás necesidades de bebés, nenos, nenas e adolescentes.
Non existe un único perfil de familia acolledora. Poden acoller persoas solteiras, parellas con ou sen fillos e fillas, familias monoparentais e outras persoas dispostas a ofrecer coidado, estabilidade e afecto a un neno ou nena durante unha etapa da súa vida.
Inscrición e información
As prazas son limitadas e é necesario realizar inscrición previa a través do seguinte formulario:
Para máis información:
📧 familias.acolledoras@cruzvermella.org
📞 900 812 880
💬 WhatsApp: 607 049 695
Ofrecer un fogar, coidado e afecto a un neno ou nena durante unha etapa da súa vida pode marcar a diferenza para sempre. Se algunha vez pensaches en acoller, esta sesión informativa pode ser o mellor lugar para comezar.
Xustificante de asistencia
As persoas que participen nas sesións poderán solicitar un xustificante de asistencia para presentar no seu posto de traballo se o precisan.