Seminario on line para familias acolledoras que se celebrará o sábado 19 de xuño de 10:30 a 12:30 h a través de Microsoft Teams.
Cando traballamos a historia de vida na casa, debemos abordar tamén a integración dos cambios de familia e as situacións que viven os nenos, nenas e adolescentes en acollemento e que van influír no proceso de construción da súa identidade.
Contidos:
- Os cambios:
– Unha nova ruptura: a vivencia dos cambios, a interrelación co vínculo nos menores acollidos.
– Integrar o cambio na historia de vida. - O reto de nadar entre dúas augas:
– Xestionar as dobres pertenzas.
Podes inscribirte aquí, ou a través deste cuestionario o prazo rematará o 17 de xuño.
Para ampliar información ou si tes algunha dificultade na inscrición podes escribir a moncas@cruzroja.es ou contactar co teu referente no equipo de Acollemento Familiar.