Convócase pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP), co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma.
Orientado aos nenos e nenas galegos con idades comprendidas, segundo dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. Existirán en cada categoría tres premios en metálico, cada un deles coa seguinte dotación económica:
1º premio 250 euros
2º premio 200 euros
3º premio 150 euros
Os contos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, á elección das persoas participantes. Pode ser unha actividade moi chula para os nenos e nenas imaxinativos e de seguro que temos algunha/ algún literato entre os nosos rapaces.
Anímadeos a participar! O prazo para enviar os contos remata o 24 de xaneiro. Toda a información tédela AQUÍ.