O 23 de abril é o Día Internacional do Libro e este motivo sérvenos de escusa para falar de contos infantís sobre acollemento familiar e a importancia da lectura compartida cos nenos e nenas para fomentar hábitos que os acompañen toda a súa vida.
Hai contos para contarlle aos fillos e fillas como vai ser a experiencia de ser familia acolledora, como este: Os Bolechas: aumentan a familia
Outros para ler e axudar aos nenos e nenas a comprender a idea de vivir cunha familia distinta da súa, como este: O corazón de Lolo
E moitos contos para xestionar mellor emocións e sentimentos, con protagonistas cos que se poden sentir identificados, e desta forma os axudamos a comprender mellor as vivencias polas que pasan.
Os equipos de acollemento familiar de Cruz Vermella teñen unha biblioteca de contos que poden recomendar as familias acolledoras.
Imaxen de Diana Cibotari en Pixabay