Web oficial do Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, xestionado por Cruz Vermella.

Curso de formación continuada en intervención con familias de acollida

Seminario sobre  Trauma, Disociación e Apego en nenos e nenas que se atopan baixo a medida de acollemento familiar, impartido por Anabel González – Psiquiatra familiar especializada en trauma, trastornos disociativos e regulación de emocións.

Realizouse os días 2, 3 e 4 de xuño como parte do proceso de capacitación dirixido os/as profesionais de Cruz Roja Española que traballan no proxecto de Acollemento Familiar, para dotalos de ferramentas prácticas para a mellora das actividades de acompañamento e orientación aos nenos, nenas e adolescentes así como ás familias acolledoras.

Dende Galicia participaron 5 profesionais dos equipos que temos nas catro provincias galegas.